Rutas de sendeirismo
Evento xa rematado
-
Inicio
14 agosto, 2021
10:00 am -
Fin
4 septiembre, 2021
1:00 pm
O Concello de Bueu pon en marcha un novo programa de rutas de sendeirismo que se desenvolverá todos os sábados do mes de agosto e cuxo obxectivo é, como vén sendo habitual, dar a coñecer a contorna e fomentar hábitos saudables. As rutas comezarán o sábado 14 de agosto polos Muíños, e continuarán o 21 por Udra, o 28 por Chans, e o 4 de setembro por Ermelo. Para todas estas camiñadas é preciso inscrición previa dende a web ou no teléfono 986324457 (Oficina de Turismo).