Ruta dos Abades I

rutas sendeirismo verán 2019

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán diversas rutas de sendeirismo para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da vila. O 17 de agosto sairá ás 9.30 h desde a Igrexa de Cela unha camiñada pola Ruta dos Abades I.

As persoas que desexen participar, deberán inscribirse na Oficina de Turismo, no teléfono 986 324 457, ou no correo turismo@concellodebueu.gal.

Recoméndase levar calzado e roupa cómoda.