Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ruta de sendeirismo por Cela

Evento xa rematado

Todos os mércores de xullo e agosto, a concellaría de deportes pon en marcha o programa de sendeirismo, que percorrerá diversos espazos da vila. O mércores 29 de agosto, a saída será ás 10.00 horas dende a Praza Massó e percorrerá diversos espazos da parroquia de Cela (As Meáns, Torrón, Antepazo, Burgo e Igrexa de Santa María de Cela).

Para participar non se precisa inscrición previa, aínda que se debe levar roupa e calzado cómodos e froita e bebida.

Máis información: 986324338