Ruta das Tapas 5 estrelas
Evento xa rematado
-
Inicio
7 septiembre, 2018
12:00 pm -
Fin
16 septiembre, 2018
10:00 pm
A Concellería de Promoción Económica e Turismo organiza, en colaboración co FICBUEU, a terceira edición da Ruta das Tapas 5 Estrelas, que se desenvolverá entre o venres 7 e o domingo 16 de setembro coincidindo coa celebración do festival. Un total de 14 establecementos hostaleiros da vila participan desta iniciativa propoñendo un pincho vinculado ao mundo do cine.
LOCAL | TAPA |
A Centoleira | Titanic |
A Cepa | Pradolongo |
Aturuxo BOK | O bosque animado |
A Esmorga | Jiro, dreams of sushi |
Cafetería Centro Social | Fariña |
Noite Tapas | O mapa dos sons de Tokio |
O Pazo | Patton |
O Ratiño Pequeno | Death proof |
Casa Quintela* | Jurassic world |
El Reloj | In time |
Rosalinda | Tres estaciones |
Volver | Jeux d’enfants |
O Farol | Call me by your name |
La Perfecta | Charlie y la fábrica de chocolate |
Os petiscos teñen un prezo de 2 euros e o horario para degustalos será de 12 a 14 horas e de 20 a 22 horas. Os establecementos sinalados con * teñen horario expandido ata peche de cociña.
Como novidade, establécense dous premios para os locais participantes: o Premio do Xurado Internacional, composto por cineastas convidados ao FICBUEU 2018, e o Premio do Público, que será outorgado a partir das valoracións que as e os comensais reflictan no folleto da Ruta das Tapas 5 Estrelas. A clientela terá ademais a posibilidade de gañar unha cea para dúas persoas. Para entrar neste sorteo, deberán completar o selado das cinco estrelas do cupón , ao ir degustando as diferentes propostas, e entregalo no Despacho de Billetes do FICBUEU.
As fotos das tapas podedes velas na nosa páxina de Facebook.