Roteiros polos montes veciñais
Evento xa rematado
-
Data
23 abril, 2022
-
Hora
5:00 pm - 7:00 pm
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Beluso retoma os Roteiros polos Montes Veciñais.
As dúas primeiras andainas, de dificultade media-baixa, están programadas para os sábados 9 e 23 de abril ás 17:00h, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.
Esta actividade vai destinada ás comuneiras e aos comuneiros de Beluso así coma á veciñanza de parroquia, co fin de lles dar a coñecer a localización e lindes dos seus montes veciñais, así coma as plantacións e traballos realizados.
Non se precisa inscrición previa. O punto de encontro será o aparcadoiro de Chan de Esqueiros, na entrada a Cabo Udra.
A primeira destas xeiras (sábado 9 de abril) será para percorrer dende Mourisca os montes de Pedrón, O Poleiro, Udra e a Cabreira.
A segunda xornada (sábado 23 de abril) será para visitar dende Ancoradouro os montes do Puxo, A Escadiña e o Monte Redondo.