Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Rosa Caramelo e outras historias

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acollerá o 13 de outubro, ás 18.00 h, o espectáculo infantil «Rosa Caramelo e outras historias» no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

SINOPSE: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Tráiler Rosa Caramelo