Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Romaría da Ascensión

Evento xa rematado

A Asociación Cultural Santos Reis organiza o domingo 29 de maio a Romaría da Ascensión, que se celebrará na capela dos Santos Reis. O evento comezará ás 12.45 horas coa celebración relixiosa, ao remate da que se degustará a tradicional ‘parva’. Ademais actuarán o grupo de gaitas Os Liboreiros e as pandereteiras As Falcatrueiras, e haberá unha exhibición de baile con Pais de San Roque.