Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Rías Baixas 2019 de xoiería

Evento xa rematado

O Estaleiro da Banda do Río (Bueu) será o escenario elixido para o Rías Baixas 2019 Xoiería, organizado por Rías Baixas Joyería de Autor e o Concello de Bueu, así como outras entidades privadas. Este evento, que naceu o pasado ano inicialmente vinculado á xoiería de autor, celebrarase este sábado e constará de dous desfiles: un de 17 a 18.30 h e outro de 20.30 a 22 horas. Ao longo da xornada, as persoas que se acheguen poderán gozar dun concurso de fotografía en photocall patrocinado por Hoteis Norat, coa intención de promover a vila, un concurso de xoiería e moda e un sorteo de premios orientados ao beneficio do comercio local.

A posta en valor da xoiería e da moda como espazo de creación son os obxectivos do Rías Baixas 2019. De aí que tamén se leven organizando nas semanas anteriores outras actividades complementarias: no 2º andar da Praza de Abastos estivo aberta nos días previos unha mostra de xoiería de autor de alumnado de diferentes escolas galegas; e puxeron en marcha un concurso de moda e xoiería avalado pola Escuela Técnica de Joyería del Atlántico e Goymar Escuela Superior de Diseño. Así mesmo, destaca a publicación dun calendario solidario con imaxes de Bueu.

Tal e como salienta Xosé Leal, concelleiro de cultura, “supón unha nova oportunidade de promoción da nosa vila, e máis cando se desenvolve nun espazo tan emblemático como o Estaleiro, rehabilitado recentemente”. A repercusión estenderase ao resto de Galicia e do estado español, pois agárdase a presenza de gurús da moda e do deseño. Desta forma, “non só se fomenta a creatividade, senón que supón unha oportunidade de difusión turística, comercial e cultural da nosa vila”.