Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Reunión entrega trampas vespa velutina

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e os apicultores da Daga Morrazo convocan a toda a veciñanza do Concello de Bueu que durante estes pasados 3 meses colaboraron na campaña municipal de loita e contención da Vespa Velutina a asistir á xuntanza o día 28 de xuño as 20:15 no auditorio do Centro Social do Mar.

Neste encontro recolleranse as fichas de captura, farase un cómputo de capturas, unha valoración da experiencia e proporase que todos aqueles veciños/as que así o decidan, poidan quedar coa trampa/as para a vindeira primavera.