Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Reunión Comité de Entroido

Evento xa rematado

A concelleira de promoción económica e turismo de Bueu, Silvia Carballo, reunirase este martes, 2 de outubro, cos colectivos, comparsas, ANPAS do municipio e demais persoas que desexen participar na organización do Entroido do vindeiro ano. A xuntanza será ás 20.30 h na Casa do Concello.

Segundo Silvia Carballo, a idea é continuar co impulso dunha das festas tradicionais máis importantes da vila. Este ano xa se organizou unha programación moi diversa que combinou tradición e aposta por novas iniciativas. Así, a idea é ir convocando reunións periódicas de seguemento e programación das diversas actividades.