Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Recoñecemento Isabel Pastoriza Santos

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organizará o 26 de marzo, ás 12.00 horas, na Sala Multiusos do Centro Social do Mar un acto de recoñecemento público a Isabel Pastoriza Santos, quen recibiu o Premio á Excelencia Investigadora 2021 outorgado pola Real Sociedad Española de Química. Esta distinción insírese dentro dos galardóns que a RSEQ entrega todos os anos, e cos que tamén recoñece noutras categorías a novas e novos investigadores, unha carreira distinguida, a tarefa educativa e divulgativa de docentes de ensino preuniversitarios e colaboracións con outras sociedades.

Esta actividade insírese na programación especial con motivo do Día Internacional das Mulleres.