Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Recoñecemento e coloquio con Raquel Álvarez Martínez

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza, no marco da programación polo Día Internacional das Mulleres, un recoñecemento e coloquio con Raquel Álvarez Martínez, que terá lugar o 8 de marzo ás 19 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Raquel Álvarez é unha veciña de Bueu que obtivo un galardón nos VII Premios Sofía Novoa de perspectiva de xénero da Deputación de Pontevedra, polo traballo de fin de mestrado “O traballo por proxectos e o álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en educación infantil”. Álvarez Martínez ofrecerá unha charla sobre este proxecto, que é unha intervención baseada na simbiose destes instrumentos e xéneros como metodoloxía idónea para abordar as cuestións de xénero e promover a igualdade en 5º de Educación Infantil.