Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Rastro de libros en Bueu

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organizará o sábado 13 de agosto un rastro con libros de balde no Parque Ramal dos Galos, xusto ao carón da Biblioteca Municipal Torrente Ballester. Alberto Moital, concelleiro de patrimonio, arquivo e bibliotecas, salienta que “aproveitando as inminentes obras da biblioteca, fíxose un expurgo de libros que son os que agora terán unha nova vida con este rastro”. Así, as persoas poderán achegarse durante todo o día, en horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas e levar de balde os libros que desexen, tanto de literatura infantil como de adultos. Ademais, e por se ese día non fora suficiente, eses fondos van estar dispoñibles no andar inferior da biblioteca durante unha semana máis no horario de apertura desta instalación, de luns a as 8.00 ás 14 horas.