Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección solidaria Cineclub Bueu: «Zootrópolis»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu pechará este sábado, 11 de decembro, a súa programación anual coa proxección de ‘Zootrópolis’, que se poderá ver ás 18 horas no Centro Social do Mar. Será con entrada de balde, aínda que se trata dunha sesión solidaria, polo que poderedes deixar doazóns como alimentos non perecedeiros e xoguetes novos ou en bo estado. Desde Cáritas Bueu inciden en que o máis demandado neste momento son latas de conserva e produtos que poidan alegrar un pouco estas festas ás nenas e nenos das familias que atenden, como turrón e galletas de chocolate, crema de cacao, etc.

SINOPSE: a moderna metrópole mamífera de Zootrópolis é unha cidade absolutamente única. Está composta de barrios con diferentes hábitats como a luxosa Sahara Square e a xélida Tundratown. É un crison onde os animais de cada entorno conviven, un lugar onde non importa o que sexas. De feito podes ser calquera cousa, dende un elefante enorme ata a musaraña máis diminuta. Pero cando chega a optimista axente Judy Hopps, descobre que ser a primeira coelliña dun corpo policial composto de animais duros e enormes non é nada doado. Pero está decidida a demostrar a súa valía e métese de cabeza nun caso, a pesar de que iso significa traballar con Nick Wilde, un raposo falador e estafador, para resolver o misterio.