Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección filme: «The Assistant»

Evento xa rematado

No marco da programación do Día Internacional das Mulleres, o Cineclub Bueu proxectará o 10 de marzo ás 21 horas, no Auditorio do Centro Social do Mar o filme The Assistant, da man do Cineclub Bueu, con entrada de balde ata completar capacidade.  O filme conta a vida de Jane, graduada universitaria e aspirante a produtora de cine, quen consegue un traballo aparentemente ideal pero rapidamente é sometida a abusos na súa xornada laboral, descubrindo un sistema machista que violenta continuamente as mulleres.

Esta actividade conta co apoio do Concello de Bueu.