Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección e charla «Voluntarios na loita contra o chapapote en Ons»

Evento xa rematado

A Asociación Ecoloxista Anduxía e o Cineclub Bueu colaboran nunha actividade conxunta que terá lugar o venres 10 de febreiro. A partir das 19 horas poderase gozar no Centro Social do Mar do documental «Voluntarios na loita contra o chapapote en Ons», tras o que haberá unha charla -coloquio.

A continuación, ás 21 horas, proxectarase o filme «El buen patrón» de Fernando León de Aranoa.