Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección documental «A última dorna de Ons»

Evento xa rematado

O 28 de decembro ás 19.30 horas proxectarase no Centro Social do Mar o documental A última dorna de Ons, do músico bueués Antón Davila e do fotógrafo Anxo Cabada, no que se conta a historia de Cesáreo Patiño, mariñeiro de oitenta anos supervivente dunha forma de faenar na illa de Ons a bordo da súa dorna. Neste audiovisual destacan as imaxes terrestres e aéreas dun lugar, a Illa de Ons, considerado un dos grandes patrimonios naturais e históricos da vila bueuesa.