Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Unha moza prometedora»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu e o Concello de Bueu colaboran un ano máis na programación do 25 de novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, e por iso proxectarán ese día ás 21.00 horas o filme «Unha moza prometedora» dirixida por Emerald Fennell. A película conta a historia de Cassie, quen tiña un brillante futuro por diante ata que un desagradable incidente truncou a súa carreira. Agora nada na súa vida é o que parece: é intelixente, audaz e vive unha dobre vida de noite. Cassie ten a oportunidade de emendar todo o que non saíu ben no seu pasado, vingándose dos culpables.

A entrada será de balde ata completar capacidade.