Proxección Cineclub: «Trinta lumes»
Evento xa rematado
-
Data
3 mayo, 2019
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza o 3 de maio a proxección de «Trinta Lumes» de Diana Toucedo. A sesión terá lugar ás 21.00 h no Centro Social do Mar cunha cota de entrada de 2 € para soci@s anuais e de 4 € para non soci@s.
SINOPSE: Alba é unha nena de doce anos que desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Xunto con Samuel, o seu mellor amigo, entran en casas abandonadas, percorren vilas destruídas e adéntranse no interior dunhas montañas que agochan outro mundo paralelo. Unha viaxe pola tradición e a cultura popular de Galicia, que parte da inocencia para descubrir o misterior da loita entre a vida e a morte.