Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Parásitos»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o 7 de febreiro a proxección do filme «Parásitos», que se poderá ver ás 21.00 h no Centro Social do Mar. A cota de entrada será de 2.00 euros para soci@s anuais e de 4.00 euros para soci@s de sesión.

SINOPSE: Tanto Gi Taek como a súa familia están sen traballo. Cando o seu fillo maior, Gi Woo empeza a dar clases particulares  na casa de Park, as dúas familias, que teñen moito en común a pesares de pertencer a mundos totalmente distintos, comezan unha interrelación de resultados imprevisibles.