Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «O retorno: a vida despois do ISIS»

Evento xa rematado

Da man do Cineclub Bueu, o venres 25 de marzo, proxectarase o documental “O retorno: a vida despois do ISIS”, que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21.00 horas.

A cineasta Alba Sotorra accedeu de forma exclusiva ao campo de al-Roj no noreste de Siria, e móstranos a dura realidade dun grupo de mulleres atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. O seguimento de dous anos da vida de Shamina, Hoda, Hafida, Nawal e Kimberly ponnos nun lugar incómodo, pero o seu testemuño fainos entender a crueldade, o abuso e a misoxinia que viviron. A sensibilidade de Sotorra ao observar sen prexuízos pon en evidencia a necesidade urxente de establecer un diálogo honesto e empático entre culturas, relixións, xéneros e cosmovisións diferentes.