Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «O conto da princesa Kaguya»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza este venres, 29 de abril, a proxección do filme «O conto da princesa Kaguya», do cineasta xaponés Isao Takahata. O filme poderase ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar, e a entrada terá un custe de 2.00 € para soci@s do Cineclub e de 4.00 € para @s non soci@s.

SINOPSE: Baseada nun conto popular xaponés anónimo do século XI, «O cortador de bambú». A historia comeza cando unha parella de anciáns campesiños atopa a unha nena diminuta dentro dunha planta de bambú, e deciden adoptala como se fose a súa filla. Pasan os anos e rapidamente convértese nunha fermosa muller pretendida por moitos homes poderosos.