Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Loving Vincent»

Evento xa rematado

O venres 5 de abril, o Cineclub de Bueu organiza a proxección de «Loving Vincent», un filme de Dorota Kobiela e Hugh Welchman que se poderá ver ás 21.00 h no Centro Social do Mar, cunha cota de entrada de 2 € para soci@s anuais e de 4 € para non soci@s.

SINOPSE: Ano 1891. Un ano despois da morte de Vincent van Gogh, o carteiro Roulin pídelle ao seu fillo Armand que entregue persoalmente a última carta de Van Gogh ao seu irmán, Theo, despois que os seus intentos previos non tivesen efecto. A pesar de non apreciar a Van Gogh e lembrar o incidente cando o falecido mutilara a súa orella dándolla a unha prostituta, Armand acepta con disgusto debido ao afecto do seu pai polo pintor…