Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Los reyes del mundo»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o 10 de novembro a proxección do filme «Los reyes del mundo», que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A entrada terá un custe de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para as persoas non socias.

SINOPSE: Unha historia sobre a desobediencia, a amizade e a dignidade que existe na resistencia. Rá, Culebro, Sere, Winny e Nano. Cinco mozos da rúa de Medellín. Todos orfos. Cinco reis sen reino, sen lei, sen familia, emprenden unha viaxe na busca da terra prometida. Emprenden o camiño para recuperar un anaquiño da terra que as autoridades restituiron a un deles, despois de que os paramilitares la arrebatasen, anos atrás, á súa avoa, xa falecida. Un conto subversivo a través dun clan dsalvaxe e entrañable, que transita entre realidade e delirio. Unha viaxe cara a nada, onde pasa todo.