Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Hive»

Evento xa rematado

No marco da programación organizada polo Día Internacional das Mulleres, o Cineclub Bueu proxectará este sábado, 12 de marzo, o filme «Hive», ás 20.00 horas no Centro Social do Mar.
SINOPSE: Nunha vila moi unida de Kosovo, as familias loitan por chegar a fin de mes, ansiosas por recibir noticias dos maridos, pais e fillos que foron á guerra. Cando as abellas de Fahrije deixan de producir mel, decide sacar o carné de conducir e aventúrase á cidade para vender ajvar caseiro nunha tenda de comestibles local. A súa inxenuidade e ambición poñen a proba aos habitantes dunha vila conservadora por natureza na que seguen vixentes as nocións patriarcais e tradicionais da sociedade. Para poder sobrevivir ten que superar os insultos e os ataques físicos que tratan de impedir por todos os medios que a muller poida valerse por si mesma.