Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Figuras ocultas»

Evento xa rematado

No marco da programación do 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres, o Concello de Bueu e o Cineclub proxectan o próximo venres, 29 de novembro, a película «Figuras ocultas», que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21.00 h con entrada de balde ata completar aforo.

O filme rescata a historia da matemática Katherine Johnson e das súas compañeiras, que fixeron posible algúns dos maiores logros da NASA – National Aeronautics and Space Administration.