Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «El amor en su lugar»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o 27 de outubro a proxección do filme «El amor en su lugar», que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A entrada terá un custe de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para as persoas non socias.

SINOPSE: Xaneiro de 1942, 400.000 xudíos de toda Polonia levan máis dun ano confinados polos nazis nun estreito gueto na metade da cidade. Fóra do muro, a vida segue adiante. Dentro, os seus habitantes loitan por sobrevivir. Con todo, o alto muro de ladrillos non consegue frear a creación dun grupo de actores xudíos que, nunha xeada noite invernal, interpreta unha comedia musical no teatro Fémina. Os espectadores rinse e emociónanse ante unha historia de amor, esquecendo por un momento a súa difícil situación. Entre bambalinas, os actores enfróntanse a un dilema de vida ou morte ante a posibilidade de levar a cabo unha fuga despois da función.