Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Un día máis con vida»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu proxectará o 10 de xaneiro o filme «Un día máis con vida», baseado nun libro do xornalista Ryszard Kapuściński. O documental mestura animación e imaxe real para achegarnos ás vivencias do xornalista polaco na guerra civil de Angola, cando o país africano deixaba xa de ser unha colonia portuguesa. Unha viaxe marcada polo medo, a tolemia e a soidade, pero tamén polo compromiso e a afouteza.

A proxección terá lugar ás 21.00 h no Centro Social do Mar, cun custe de entrada de 2.00 euros para soci@s e de 4.00 euros para soci@s de sesión.