Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Tolas de alegría»

Evento xa rematado

O 11 de outubro, o Centro Social do Mar acolle ás 21.00 h a proxección do filme «Tolas de alegría», de Paolo Virzì, organizada polo Cineclub de Bueu. A cota de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Beatrice é unha condesa faladeira e millonaria que está convencida de acharse entre os círculos íntimos dos líderes políticos mundiais. Pola súa banda, Donatella é unha moza tatuada, vulnerábel e introvertida, envolta no seu propio halo de misterio. Ambas as dúas son pacientes de Villa Biondi, unha delirante institución psiquiátrica.