Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «The Florida Project»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o venres 1 de febreiro a proxección do filme «The Florida Project», que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21.00 h. A cota de entrada será de 2 € para socios/as do Cineclub e de 4 € para non socios/as.

SINOPSE: Moonee soña con ir a Disneylandia, pero o máis preto que estivo é o motel barato ás aforas de Orlando no que vive coa súa nai Halley, de 22 anos: o Magic Castle Motel. O máis parecido que Moonee ten a un pai é o xerente do motel, un home cauto e dilixente. Halley perdeu o seu traballo, e unha nena acaba de mudarse ao motel do lado. Promete ser un verán inesquecible.