Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Sorry we missed you»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o venres 18 de xuño, ás 21.00 h, a proxección do filme de Ken Loach «Sorry we missed you», que se poderá ver no Centro Social do Mar coa adaptación de todas as medidas anti-Covid. A sesión terá unha cota de entrada de 2.00 euros para soci@s e de 4.00 euros para non soci@s.

SINOPSE:  Ricky e a súa familia estiveron pelexando para saír adiante economicamente dende a crise do ano 2008. Un día preséntase unha nova oportunidade cando aparece un brillante furgón antigo, que ofrece á familia a posibilidade de crear o seu propio negocio. No entanto, a tarefa non será doada, especialmente debido ao traballo da súa muller como coidadora. Aínda que os lazos da familia son moi fortes, pronto aparecerán as primeiras fisuras…