Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Só nos queda bailar»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu celebra o Día do Orgullo LGBTIQ+ e proxectará o 21 de xuño o filme Só nos queda bailar, de Levan Akin. A sesión, que terá lugar ás 21 horas no Centro Social do Mar, terá un custe de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Merab leva ensaiando dende que era moi xoven na Compañía Nacional de Danza de Georgia coa súa parella de baile, Mary. De súpeto, a súa vida dá un xiro cando aparece o despreocupado e carismático Irakli e se converte no seu rival máis poderoso, pero tamén no seu maior obxecto de desexo. Nunha atmosfera conservadora, Merab enfróntase á necesidade de liberarse e arriscalo todo no seu empeño.