Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Retrato dunha muller en chamas»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o sábado 14 de novembro, ás 20.00 h, a proxección do filme de Celine Sciamma «Retrato dunha muller en chamas», que se poderá ver no Centro Social do Mar coa adaptación de todas as medidas anti-Covid. A sesión terá unha cota de entrada de 2.00 euros para soci@s e de 4.00 euros para non soci@s.

SINOPSE: Francia, 1770. Marianne, unha pintora, recibe a encarga de realizar o retrato de vodas de Héloïse, unha moza que acaba de deixar o convento e que ten serias dúbidas respecto ao seu próximo matrimonio. Marianne ten que retratala sen o seu coñecemento, polo que se dedica a investigala a diario.