Proxección Cineclub Bueu: «Pride»
Evento xa rematado
-
Data
29 octubre, 2021
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza o próximo venres, 29 de outubro, a proxección do filme «Pride» de Matthew Warchus. A sesión terá un custe de 2.00 € para persoas socias e de 4.00 e para as non socias.
SINOPSE: no verán de 1984, sendo primeira ministra Margaret Thatcher, o Sindicato Nacional de Mineiros (NUM) convoca unha folga. Durante a manifestación do Orgullo Gay en Londres, un grupo de lesbianas e gays dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos traballadores, pero o sindicato non acepta o diñeiro. O grupo decide entón poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha vila de Gales. Comeza así unha curiosa historia de dúas comunidades totalmente diferentes que se unen por unha causa común.