Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: O día máis feliz na vida de Olli Mäki

Evento xa rematado

O Cineclub de Bueu organiza o 6 de abril, ás 21.00 horas, a proxección do filme O día máis feliz na vida de Olli Mäki, do finlandés Juho Kuosmanen. A sesión terá unha cuota de 2.00 euros para soci@s e de 4.00 para os non soci@s, e poderase ver en versión orixinal subtitulada ao castelán.

SINOPSE: No verán de 1962, Olli Mäki aspira ao título de campión do mundo de peso pluma en boxeo. En todas partes, tanto no campo como en Helsinki, augúranlle un futuro ateigado de éxito. Só ten que perder peso e concentrarse. Pero, hai un problema, Olli enamorouse de Raija.