Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «La odisea de los Giles»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu continúa coa súa xeira de proxeccións, e por iso programa para o 9 de decembro a película «La odisea de los Giles», de Sebastián Borensztein, que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21.00 horas, cun custe de entrada de 2.00 euros para as persoas socias e de 4.00 euros para non soci@s.

SINOPSE: Provincia de Bos Aires, finais de 2001. Un grupo de amigos e veciños perde o diñeiro que lograra reunir para refrotar unha vella cooperativa agrícola. Ao pouco tempo, descobren que os seus aforros perdéronse por unha estafa realizada por un inescrupuloso avogado e un xerente de banco que contaban con información do que se ía desencadear no país. Ao enterarse do acontecido, este grupo de veciños decide organizarse e arman un minucioso plan co obxectivo de recuperar o que lles pertence.