Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Entrelobos»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu proxectará o venres 10 de xuño o filme «Entrelobos» de Gerardo Olivares. A sesión, que se celebrará ás 21.00 horas no Centro Social do Mar, terá un custe de 2.00 euros para soci@s e de 4.00 euros para non soci@s. Ademais, da man da Asociación Ecoloxista Anduxía, contarase coa presenza de Marcos R. Pantoja, «O neno salvaxe de Serra Morena».

SINOPSE: Sendo un neno, a Marcos o seu pai entregouno a un terratenente para saldar unha débeda, e este deixouno en mans dun pastor de cabras que vivía nunha cova. Con el, Marcos aprendeu a cazar, a buscar comida e a facer lume. Ao tempo foise gañando a confianza dos lobos da zona, Marcos fica só ao falecer o pastor.