Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Buñuel en el laberinto de las tortugas»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o sábado 7 de novembro, ás 20.00 h, a proxección do filme de Salvador Simó «Buñuel en el laberinto de las tortugas», que se poderá ver no Centro Social do Mar coa adaptación de todas as medidas anti-Covid. A sesión terá unha cota de entrada de 2.00 euros para soci@s e de 4.00 euros para non soci@s.

SINOPSE: París, 1930. Salvador Dalí e Luis Buñuel son as principais figuras do movemento surrealista, pero Buñuel ve como se lle pechan todas as portas despois da escandalosa estrea de «La edad de oro», o seu primeiro filme. No entanto, o sue bo amigo, o escultor Ramón Acín, merca un billete de lotería coa promesa de que, se gaña, pagará o documental que o seu amigo quere rodar sobre Las Hurdes, unha das rexións máis pobres e esquecidas de España….

O filme, xira arredor da rodaxe de «Las Hurdes, tierra sin pan» de Luis Buñuel en 1933, e adapta o cómic homónimo de Fermín Solís.