Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «A bicicleta verde»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza unha programación especial arredor do Día Internacional das Mulleres. Por iso o 6 de marzo proxectarán no Centro Social do Mar «A bicicleta verde», a primeira longametraxe realizada por unha directora saudí, onde unha nena se enfronta a unha sociedade que ve as bicicletas como un perigo para a dignidade dunha rapaza.

O filme poderase ver ás 21.00 h cunha cota de entrada de 2.00 euros para soci@s anuais e de 4.00 euros para soci@s de sesión.