Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: ‘Apuntes para una película de atracos»

Evento xa rematado

O venres 6 de decembro, o Cineclub Bueu organiza a proxección do documental «Apuntes para una película de atracos», que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21.00 h.

SINOPSE: Elías é un director de cine que soñaba con rodar unha película de atracos. Durante o verán de 2013 le a noticia sobre a detención de ‘El Robin Hood de Vallecas’, o líder da banda das alcantarillas. Entón sente que atopou a oportunidade para cumprir o seu soño. Envíalle unha carta ao cárcere onde cumpre condena. Contra todo prognóstico, Elías recibe resposta tres semanas despois. O Robin Hood acepta que vaia visitalo ao cárcere.