Proxección Cineclub: A Viaxe de Nisha
Evento xa rematado
-
Data
1 marzo, 2019
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Centro Social do Mar acolle o 1 de marzo, ás 21.00 h, a proxección do filme A viaxe de Nisha, cunha cota de entrada de 2.00 € para socios/as e de 4.00 € para os non socios/as.
SINOPSE: Nisha, unha moza de 16 anos, vive en Noruega unha dobre vida.Na súa casa é a perfecta filla paquistaní, pero cando sae cos seus amigos convértese nunha rapaza occidental, acorde coa sociedade na que vive. Cando o seu pai a descobre co seu mozo no cuarto, os dous mundos chocan. Para darlle unha lección, os pais deciden enviala a Paquistán, onde terá que adaptarse a aquela sociedade.