Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «120 pulsacións por minuto»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o 7 de xuño a proxección de «120 pulsacións por minuto», de Robin Campillo. A sesión terá lugar ás 21.00 h no Centro Social do Mar cunha cota de entrada de 2 € para soci@s e de 4 € para non soci@s.

SINOPSE: París, comezos dos anos 90. Un grupo de mozos activistas intenta xerar conciencia sobre a SIDA. Un novo membro do grupo, Nathan, quedará sorprendido ante a radicalidade e enerxía de Sean, que gasta o seu último alento na loita.