Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección 25º aniversario Cineclub: «Eyes Wide Shut»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu celebra o seu 25º aniversario e por iso proxectará entre xaneiro e febreiro catro filmes escollidos por membros históricos da directiva. Todos os filmes se poderán ver de balde no Centro Social do Mar.

O 2 de febreiro, ás 21.00 horas, será a quenda de «Eyes Wide Shut», un filme de Stanley Kubrick, que forma parte da selección de Manuel Pena.

SINOPSE: William Harford é un médico neoiorquino cuxa vida semella ir moi ben: está casado cunha muller preciosa, ten unha filla e un traballo que lle gusta. Pero, ao día seguinte de asistir a unha festa, a súa muller Alice fálalle dunhas fantasías eróticas e de como estivo a piques de romper o seu matrimonio por un descoñecido. Impactado por esta confesión, acaba entrando nun local, onde un antigo compañeiro lle fala dunha congregación secreta dedicada ao hedonismo e ao pracer sen límites. A partir de entón un mundo dominado polo sexo e o erotismo ábrese diante del.