Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programación 25N, Día Internacional da Non Violencia Contras as Mulleres

Evento xa rematado

Coma todos os anos, o Concello de Bueu conmemora o Día Internacional da Non Violencia Contra as Muleres. Os actos centrais terán lugar o 23 de novembro. Ás 11.45 horas celebrarase unha concentración en memoria das vítimas da violencia na Alameda do Concello, cun minuto de silencio como repulsa ante todo tipo de violencia, en especial, á que se exerce sobre as mulleres. A continuación, no Centro Social do Mar, o alumnado do CPR Virxe Milagrosa fará unha Declaración conmemorativa e a continuación farase entrega dos premios do XVI Concurso de Carteis contra a violencia de xénero.

O obxectivo deste concurso, así como das accións levadas a cabo desde o CIM de Bueu é acadar unha maior sensibilización social entre o alumnado da vila na prevención e eliminación dos comportamentos violentos contra as mulleres. Por iso, e dada a importancia da educación na consecución da igualdade, estanse organizando obradoiros sobre novas masculinidades para os centros educativos da vila, ademais se recomendarlle desde o CIM bibliografía e filmografía para traballar esa data.

A programación tamén inclúe a proxección, coa colaboración do Cineclub Bueu, do filme Lady Macbeth o 16 de novembro ás 21 horas no Centro Social do Mar, e os escaparates dos establecementos comerciais da vila vestiranse de negro no marco da campaña “Bueu en negro contra as violencias”, á que o Concello se adheriu este ano.