Programación 25 Novembro: proxección do documental «Agullas. Historias de supervivencia persoal»
Evento xa rematado
-
Data
25 noviembre, 2021
-
Hora
8:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional Contra as Violencias Machistas, o Centro Social do Mar acollerá ás 20.00 horas a proxección do documental Agullas. Historias de supervivencia persoal, elaborado polo Concello de Bueu hai dous anos con fondos do Pacto de Estado. Cunha duración de 70 minutos, este audiovisual recolle os testemuños de tres mulleres vítimas de violencia de xénero, ademais de seis expertas. Entre elas, están Paz Filgueira, maxistrada e que fora durante 7 anos titular do Xulgado de Violencia Contra as Mulleres de Vigo; Manuel Lopo, psicólogo e terapeuta familiar, Pilar Fernández Pérez, fiscal do TSX de Galicia adscrita permanentemente en Santiago de Compostela; Roanana Izquierdo, quen pertence ao grupo de traballo sobre violencia de xénero do SERGAS; Juan Iglesias, sarxento da Garda Civil de Marín, e Jorge Marín, profesor de socioloxía e do Máster de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela.