Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programación 25 Novembro: Proxección de «Yo, Tonya»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e o Cineclub Bueu organizan o 24 de novembro a proxección do filme Yo, Tonya, do cineasta Craig Gillespie, unha biopic sobre a patinadora Tonya Harding na que se abordan cuestións como o abuso e a culpabilidade que recae nas mulleres diante dunha  sociedade patriarcal.

O filme poderá verse no Centro Social do Mar ás 20.00 h coa colaboración do Cineclub Bueu e a entrada será de balde.