Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programación 25 Novembro: presentación da ‘Guía básica de corresponsabilidade e novas masculinidades’

Evento xa rematado

No marco da programación organizada polo Concello de Bueu polo Día Internacional Contra as Violencias Machistas, o 2 de decembro, ás 19.00 h, a Sala Multiusos do Centro Social do Mar acollerá a presentación da “Guía básica de corresponsabilidade e novas masculinidades”, un libro que se editou dende o Concello e no que se recollen os testemuños de José Castro, Luis Davila, Arturo Sánchez e Antón Guitián, e Félix Juncal, alcalde de Bueu. Todos estes homes bueueses apelan a un concepto de masculinidade afastado da hexemónica, e que permita a convivencia en igualdade coas mulleres. Tal e como apunta o rexedor, “un dos principais problemas do feminismo, moi especialmente dos homes feministas, é a necesidade de ofrecer referentes masculinos que se afasten da masculinidade clásica ou hexemónica” e “só se poñemos as lentes violetas descubriremos ao machista que todos levamos dentro e que precisamos abandonar”.