Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa Ler conta moito: «Zapatiños de cartón e a carta dos bosques» de Anxo Moure

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, participa no programa “Ler conta moito” co que se dinamizará a lectura a través de actividades variadas e atraíntes para a cidadanía, e que ten lugar coincidindo coa efeméride do Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril. 

O programa, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, estenderase durante tres días deste mes en diversos espazos municipais das tres parroquias. Así, a primeira das actividades será “Zapatiños de cartón e a carta dos bosques” de Anxo Moure, da que se poderá gozar o próximo 16 de abril ás 18 horas na Biblioteca Municipal de Cela. Nesta obra, destinada á rapazada de 0 a 15 anos, coñeceremos a “Zapatiños de cartón”, o avó do Carballo con Botas, quen chega á biblioteca portando unha carta dos bosques para que as nenas e os nenos aprendan a camiñar polas historias para coidar da terra que gardan os libros. A través dela búscase transmitir que a través dos libros se pode chegar a unha gran cantidade de universos e mundos posibles.

Toda a info do programa pode atoparse na web de Ler conta moito.