Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa Ler conta moito: «Xela, a superheroína de aldea»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, participa no programa “Ler conta moito” co que se dinamizará a lectura a través de actividades variadas e atraíntes para a cidadanía, e que ten lugar coincidindo coa efeméride do Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril. 

O programa, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, estenderase durante tres días deste mes en diversos espazos municipais das tres parroquias.

O18 de abril, ás 18 horas, terá lugar na Biblioteca Municipal de Beluso “Xela, a superheroína de aldea”, de Inma Soto, unha proposta para nenos e nenas de 4 a 9 anos sobre a nosa natureza, que pon en valor os recursos que temos e busca que as persoas miúdas queiran coidar do territorio.