Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa Ler conta moito: «Rosalía cantareira» de Jara Ortiz

Logo do éxito colleitado no mes de abril, o Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, continúa en xuño co programa “Ler conta moito”, no que se promoverán diversos contacontos nas bibliotecas municipais co fin de achegar a lectura á cativada.

O 18 de xuño ás 18.30 horas contaremos coa obra “Rosalía cantareira”, de Jara Ortiz, que se poderá ver na Biblioteca Municipal de Cela. Neste obradoiro musical, os pequenos e pequenas coñecerán algúns dos poemas de Rosalía de Castro, ademais da procedencia dos diferentes ritmos da nosa música tradicional a través da pandeireta.